Quen somosBlogActividades de Educación AmbientalTecnoloxíaNaturezaDocumentaisMicrodocumentaisArtigos de opiniónColaboradoresEnlaces de interésFondos de escritorioZona privadaUtilidadesNovidades |
As carrizas de SentínNeste microdoc as inquedísimas carrizas (non son capaces de parar quedas nin dez segundos no mesmo sitio) colocaron o seu niño de amor entre as hedras dun poste do muro da finca que se atopa a escasos 5 metros do asador e 8 da mesa do xantar. As carrizas Troglodytes troglodytes (encántame o nome latino) son o segundo paxariño máis pequecho de Europa (o primeiro é a Estreliña), só mide do peteiro á cola de 9-10,5 cm. (unha característica súa e ter a cola erguida, o que a fai parecer aínda máis pequena, coma se ve na primeira escea do doc). Constrúen niños completamente esféricos cunha pequena entrada redondeada. Coma materiais de construción utilizan principalmente musgo pero tamén fíos, folliñas, herbas… No microdoc vese coma un dos pais lévalle a comida ós pequechos, observa como entra e vaise a por máis! |