Quen somosBlogActividades de Educación AmbientalTecnoloxíaNaturezaDocumentaisMicrodocumentaisArtigos de opiniónColaboradoresEnlaces de interésFondos de escritorioZona privadaUtilidadesNovidades |
Coma cada Semana Santa a familia desta finca marcha de vacacións a algunha con montaña que se deixe esquiar. Nesa tempada a parexa de paporroibos Erithacus rubecula que ten coma territorio a súa finca, "okupa" para criar unha das macetas da entrada da casa. Disque o que "okupa preokupa" e nada máis axeitado. Cando voltan das súas vacacións a familia encóntrase ca entrada da súa casa con terra e musgo. E que será? Pois que a nosa parelliña decidiu cavar e arranxar na maceta o seu niño. E a partir de ahí, veñen as preocupacións, xa non se poden regar as prantas, hai que procurar entrar polo garaxe... Neste "microdoc" vese coma un dos adultos utiliza unha técnica de caza moi sofisticada. Aproveita a terra que está voltar unha toupeira para ver se colle algunha que outra miñoca. Nada máis conseguilo meteas no papo, e correndo para o niño. Alí os poliños están ansiosos pola súa toma de comida, e tamén aproveitan para darlles ós pais a "basura" producida. Desta forma tan curiosa os paseriformes coma os paporroibos manteñen os niños acondicionados, limpos, evitan enfermidades e cheiros que as heces provocarían puidendo atraer a depredadores.
|