Quen somosBlogActividades de Educación AmbientalTecnoloxíaNaturezaDocumentaisMicrodocumentaisArtigos de opiniónColaboradoresEnlaces de interésFondos de escritorioZona privadaUtilidadesNovidades |
TecnoloxíaA tecnoloxía empregada para o estudo da natureza non ten por que ser cara nin complicada. Aínda que para os grandes documentais se dispón de orzamentos moi elevados, o investigador afeccionado pode conseguir moi bos resultados sen moito material.
Por exemplo, unha das tarefas máis interesantes é a gravación en vídeo dos animais mentres fan a súa vida normal. Para esa labor, existen no mercado microcámaras de baixo custe que poden adaptarse moi ben ás nosas necesidades. O seu uso é realmente doado: non temos máis que comprar un cable de prolongación de vídeo e unha pila de 9V, para podela enchufar a unha tele calquera. Este método permitiríanos estudar animais que vivan preto de nós, como un morceguiño no faiado ou as gaivotas do tellado. Se quixesemos espiar así animais un pouco máis solitarios, sería preciso instalar a cámara con moito coidado de non causar perxuízos ó animal (por exemplo, mentres estea fora comendo), e utilizar un cable máis longo, ou ben un par de transmisores de vídeo inarámicos. Unha minidv tamén pode conseguir imaxes espectaculares de animais que se deixen ver, grazas ó seu zoom. No entanto, hai que lembrar sempre a primeira premisa do bo investigador: estudar sen molestar.
Nestes intres tamén se está a traballar nun microrrobot capaz de investigar no interior das madrigueiras de diversos animais, como teixugos ou raposos, así como noutros aparellos que nos permitan facer unha mellor idea dos seus costumes e das súas condicións de vida. |